Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
Responsable: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg).
Enderezo: Rúa Lisboa, 20, baixo C. 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
CIF: Q-1500270B – Teléfono: 981552206 – Fax: 981938274
Correo electrónico: ceesg@ceesg.org – Contacto do DPD: dpd@asensucontrario.info
Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?
Para a previsión de asistencia á charla, xestión da actividade e posibles notificacións de cambios na programación.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos persoais?
A base legal para o tratamento dos teus datos realízase no cumprimento da Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o Libre Acceso ás Actividades de Servizos e o seu Exercicio da Lei 2/1974, de 13 de febreiro sobre Colexios Profesionais e da Lei 1/2001, de 22 de xaneiro, de Creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.
A que destinatarios se comunicarán os teus datos persoais?
Os teus datos serán comunicados ao Colectivo Renda Básica de A Coruña para a colaboración nas xestións de control de asistencia.
Canto tempo ha conservar o ceesg os teus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non nos solicites a súa supresión. Nese caso ou cando os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recompilados eliminaranse por procedementos seguros e confiables.
Están seguros os teus datos persoais?
Adoptamos todas as medidas técnicas e organizativas necesarias co obxectivo de evitar calquera posibilidade de acceso e tratamento non autorizados, alteración ou perda. O noso compromiso é manter sempre seguros e íntegros os teus datos.
Cales son os teus dereitos no referente aos teus datos persoais?
Podes exercer o teu lexítimo dereito para:
- Acceder aos datos persoais recompilados.
- Solicitar a rectificación de datos inexactos.
- Solicitar a cancelación e a supresión cando os datos xa non sexan necesarios para as finalidades para as que foron recolleitos.
- Solicitar a oposición e limitación ao tratamento dos teus datos.
- Solicitar a portabilidade dos teus datos persoais (mover, copiar ou transferir os teus datos persoais a quen ti nos solicites).
Para exercer calquera dos teus dereitos ou mesmo retirar o teu consentimento, só tes que contactar por correo electrónico ou postal co responsable do tratamento mediante un escrito dirixido á sede social do Ceesg:
R/ Lisboa 20, Baixo C,
15707 Santiago de Compostela
ou achegarte fisicamente ata as nosas dependencias onde te atenderemos encantados.
Para exercer os teus dereitos, debes acompañar a túa solicitude cunha copia do DNI. O exercicio dos teus dereitos é de balde. Se consideras que o tratamento dos teus datos persoais vulnera a normativa ou non é xeitado, podes contactar ou presentar unha reclamación ante o noso Delegado de Protección de Datos: dpd@asensucontrario.info
Pode cambiar a política de privacidade?
O Ceesg resérvase o dereito a modificar a presente Política de Privacidade co fin de adaptala ás novidades lexislativas que sexan procedentes. Neste caso notificariámoscho, con tempo abondo, antes de proceder a aplicar as modificacións necesarias.